|
Diante da grave agresión que unha flota internacionalista sufriu onte de mans do exército israelita e que se saldou con 19 persoas mortas e varias feridas, a organización da mocidade ADIANTE fai un chamado á repulsa internacional e á adhesión das concentracións convocadas en diversas cidadades do noso País polo colectivo internacionalista Galiza por Palestina.
ADIANTE esixe a ruptura de calquera tipo de relación diplomática e económica do goberniño galego co sionismo institucionalizado, sendo consciente da incapacidade das democracias formais europeas (como a española) para responder solidamente a ningún tipo de ofensiva do Capital. Así, condenamos a violencia imperialista e apuntamos á administración do PsoE como colaboradora necesaria, logo da venda masiva de armas ao sionismo israelita. ADIANTE envía tamén un enérxico saúdo fraternal á mocidade revolucionaria e comunista dese País e ao conxunto do seu pobo comprometido na liberación nacional e social e disposto a rexir o seu propio destino. Hoxe (martes 1 de xuño) ás 20:30, concentrémonos por Palestina en: :: Vigo :: diante do Marco :: Compostela :: Praza do Toural :: Ferrol :: Diante do edificio da Xunta de Galiza. :: A Coruña :: No Obelisco. :: Lugo :: Na praza Maior. :: Pontevedra :: Na praza da Peregrina. .. e diante da Casa do Concello daquelas vilas onde non exista concentración organizada. DISOLUCIÓN DO ESTADO DE SIONISTA DE ISRAEL! PALESTINA VENCERÁ!
|