1º Festival da Cultura Proletaria
Menú principal
Inicio
Quen somos
Nacional
Internacional
Opinión
Ligazóns
Contacta!
Publicacións
Descargas
Galerías
Procurar
Lista de Correo

Recibe as novidades da Páxina de ADIANTE no teu enderezo de correo electrónico






ADIANTE nas redes sociais
Entidades amigas
Plataformas sociais
Queremos Galego
Ligazóns
estoutras notas políticas
Komunikando.net
http://www.blogoteca.com/upload/bit/cont/591-c-Malmequer%202.jpg
Blog Galego de Solidariedade
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
 
Defendamos o uso público do Mosteiro de Celanova.
 As dinámicas privatizadoras do Partido Popular (Pp), amosan xa non ter límites. Sexa dende o goberniño sucursal da Xunta onde queren espazos da importancia natural de Cabo Touriñán destinados á explotación empresarial de multinacionais como Pescanova, ou dende as cámaras locais, onde lle están a entregar ao dominio privado patrimonio nacional de grande valor.

En Terras de Celanova, nun novo delirio especulador do xestor A. Mouriño,  o goberno municipal quere ver a mans privadas o mosteiro de Celanova, hoxe Instituto da vila. Recuperado polo pobo de Celanova para o seu uso público logo da desamortización, este mosteiro, onde o noso C. Emilio Ferreiro escribiu o seu Longa noite de pedra é unha das pezas vivas máis valiosas do patrimonio cultural da nación galega.

ADIANTE apoia a iniciativa da Plataforma en defensa do uso público do Mosteiro de Celanova e chama ao conxunto da mocidade galega a asinar o seu manifesto.
 
 
Loitemos polo noso patrimonio cultural e natural!
 
- Achegamos, polo seu interese, a reflexión do camarada Anxo Angueira:
Ler máis...
 
Itziar Ziga en Compostela.

A feminista “pornopunk” Itziar Ziga apresenta en Compostela “Devenir Perra”

A feminista Itziar Ziga, de orixe basca con residencia en Catalunya, apresentou o pasado venres 23 de outubro no Compostelán bar As Dúas o seu libro Devenir Perra, co que conclúe un traballo de investigación de seis anos.

Un denso traballo de investigación sobre unha feminidade sucia, paródica e extrema que a conduce á desconstrución da linguaxe, á reapropiación da linguaxe que para o inimigo é unha arma, á defensa dunha feminidade antipatriarcal, “extrema e subversiva”, cun claro compoñente clasista, óptica dende a que ataca acremente a “ese feminismo decente”, que Itziar Ziga perfila como “branco, heterosexual, con estudos universitarios, con chacha na casa e certo grau de poder”.

Ler máis...
 
100.000 galegas/os ateigan Compostela!

ADIANTE participou na mañá do domingo 18 de outubro na manifestación nacional en defensa da lingua.

 O pasado domingo 18 de outubro, a manifestación nacional en defensa da lingua convocada na cidade de Compostela acadou cifras históricas. Máis de 100.000 persoas, provintes do conxunto do País, ateigaron a capital. Dende ADIANTE, que participou nesta convocatoria coa lenda "Loitando pola nosa lingua nacional. Monoligüísmo social", valoramos moi positivamente a resposta social ás agresións ao galego do goberniño de Núñez Feijóo.

Este executivo que se comprometeu coa derrogación do decreto do galego no ensino, coa eliminación do coñecemento do galego polo funcionariado, coa apoloxía e aumento de concertos a colexios que segregan ao seu alumnado e nos cales se persegue o noso idioma, que se aproveitou do entente con asociacións minoritarias de corte filofascista e que pretende a destrución sistemática da nosa identidade diferencial, presenciou no pasado domingo como unha resposta popular masiva estremeceu Compostela

Centos de milleiros de persoas a denunciaren todos os abusos dos que son obxecto, a desenmascararen o conxunto das mentiras que  se agocha por baixo do discurso do bilingüísmo e a garantir o seu compromiso para que a lingua viva. Veuse a demostrar que, malia que o idioma estea a perder falantes, o noso é un pobo consciente do valor irrenunciábel do seu patrimonio cultural e disposto a defendelo tanto na súa vida cotiá como organizado e na rúa.

O éxito desta manifestación esixe comezarmos a construír unha iniciativa popular ampla na defensa do idioma baixo as coordenadas da loita polo monolingüísmo social, polos nosos dereitos nacionais e a nosa supervivencia como pobo

 Construamos entre todas/os coa ferramenta da lingua a República Galega.

Ler máis...
 
A Compostela polo monolingüismo social!!!

 COMUNICADO DE ADIANTE ANTE O 18 DE OUTUBRO

1.- Logo de trinta anos de autonomía, de trinta anos de tímidas iniciativas lexislativas e de inútiles pactos políticos entre as forzas políticas maioritarias que se ven representadas no parlamentiño galego, a situación de continuo debilitamento da nosa identidade diferencial e lingüística non nos permite ser optimistas. O marco xuridico-político da autonomía veu a demostrarse a cada pouco máis deficiente para a defensa dos nosos intereses nacionais e de clase.

2.- A experiencia dun goberno bipartito con cota de poder para o nacionalismo hexemónico (BnG) foi para nós cativa en resultados políticos, mesmo negativa: non só non se constataron avances significativos en materia lingüística senón que se propiciou a desactivación daquelas iniciativas populares que controlaron con mans de ferro, condenando ao ostracismo a todo o que permanece fóra do seu control.

3.- Na breve experiencia do goberniño do Partido Popular executáronse e vense inscritas unha serie sen fin de políticas antigalegas, colonias. Nada podemos agardar dun goberno que ben no discurso, ou ben na práctica, se identifica co pensamento da asociación neofascista Galicia Bilingüe.

4.- Condenamos a actitude cínica das forzas políticas que se esforzan en dominar e tirar rédito político das plataformas de masas na defensa do idioma.

5.- Denunciamos a renuncia aos postulados históricos do movemento normalizador. Opor os dereitos lingüísticos individuais ao dereito do pobo como comunidade política a se expresar en galego; lexitimar as súas propostas políticas tomando como base ese marco político-xurídico autonómico que se resolveu inútil ou renunciar ao discurso histórico do monolingüísmo social en favor dun novo discurso do bilingüísmo son só ananos exemplos dunha renuncia política central. Separámonos do discurso pretenciosamente “demócrata” e “do consenso” para comezarmos a poñer os cimentos aquí e agora da loita polo monolingüísmo social.

6.- As agresións ao noso idioma non poden ficar sen resposta. Dende ADIANTE apostamos pola autoorganización do pobo galego nun traballo contestatario incansábel pola base que se enfronte a todos aqueles executivos que desestimen a defensa fundamental e única do idioma galego.

7.- Constatamos a inexistencia de iniciativas que aparquen indefinidamete calquera debate imaxinario, ficticio, innecesario, para se centrar no debate central da normalización lingüística. Participaremos activamente alí onde o debate matriz sexa a conformación de  políticas activas e en positivo para facer do noso País unha nación monolingüe no camiño da República Socialista Galega que queremos.

8.- Entendemos que malia as críticas que desenvolvemos máis arriba, o noso compromiso coa lingua e co pobo traballador galego nos obriga a participar na manifestación de Queremos Galego, cunha actitude abertamente crítica. A actitude prepotente do novo goberniño da Xunta esixe unha resposta unitaria, masiva, forte e incuestionábel. E é esa a resposta que se está a artellar ao redor da convocatoria de Queremos Galego.

9.- É por iso que finalmente ADIANTE convida á mocidade galega a participar da manifestación nacional deste 18 de outubro en Compostela, con saída ás 12 horas da Alameda de Compostela. E é por iso que dende ADIANTE facemos un chamado a reorganizar a resposta popular ás agresións ao idioma, da que seremos axente activo.
Ler máis...
 
CAMPAÑA 09/10

A MOCIDADE COMUNISTA POLA INDEPENDENCIA DE GALIZA.

Logo do Día da Patria Galega 2009, ADIANTE comeza a andaina dunha nova campaña nacional xuvenil. Denominada Campaña 09/10 ou tamén Campaña de Expansión, e co lema A mocidade comunista pola independencia de Galiza. Organízate e loita!, pretende ser esta unha campaña ambiciosa que mobilice a toda a militancia e colaboradoras/es e, sobretodo, ao maior número de simpatizantes do comunismo independentista xuvenil que representa ADIANTE.

 

Pasados 5 anos desde a nosa constitución formal, e unha vez que xa se pode dicir que a nosa Organización está consolidada, ADIANTE ten o imperativo de aumentar a súa estrutura organizativa, tanto en número de militantes e colaboradoras/es, como en número de comarcas con Comités de Zona ou Células de Apoio organizadas; un chanzo esencial para acadar novos e mais elevados niveis de loita.

Porén, ADIANTE non vai paralizar as campañas nacionais e zonais que ten activas. De feito esta nova Campaña 09/10 ou Campaña de Expansión de contido estratéxico, vai englobar tanto as campañas activas, sobretodo a Campaña pola Vivenda digna para a mocidade e contra a especulación e a Campaña pola Folga Xeral ou Xornada de loita nacional de carácter mais táctico, como as efemérides anuais (Dia da muller traballadora, Día da clase obreira galega, Día o internacionalismo proletario,…) nas que a nosa Organización sempre está presente.

Esta nova campaña está contextualizada na crise global do sistema inxusto e criminal chamado capitalismo e no embate sen tregua contra o novo goberno ultraespañolista da colonial e sucursalista Xunta de Galicia. E é que desafortunadamente foi unha nova crise económica mundial, no eido financeiro, a que veu a darnos a razón no noso posicionamento marxista-leninista e na nosa opción nididamente independentista.
Ler máis...
 
Delegación de ADIANTE en Asturies!

 Unha delegación da nosa organización participou en Asturies no pasado fin de semana (9 a 10 de outubro) nos actos de conmemoración e homenaxe á Revolución de Ochobre (Outubro) de 1934, no marco do Día de la Mocedá Revolucionario, convidados pola organización da mocidade asturiana Darréu.

ADIANTE interviu durante o transcurso da homenaxe, nunha xornada internacionalista, para explicar o senso do noso proxecto organizativo e para facer unha achega ao redor da realidade socio-política do noso País.

Adxuntamos o texto da intervención a seguir.

Viva o internacionalismo proletario!

INTERVENCIÓN DE ADIANTE.

En primeiro lugar e en nome de todas as persoas que conforman Adiante, agradecemos a vosa invitación a este acto en conmemoración do 75 aniversario da honrosa Revolución Socialista asturiana. Creo que podo dicir que todos/-as os/-as presentes nos sentimos un pouco orgullosos/-as desta revolución, e que sentimos esa loita como nosa [...]
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 49 - 54 de 191
© 2010 ADIANTE (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza)
Feito con Joomla!, Software Libre distribuido baixo licenza GNU/GPL.