1º Festival da Cultura Proletaria
Menú principal
Inicio
Quen somos
Nacional
Internacional
Opinión
Ligazóns
Contacta!
Publicacións
Descargas
Galerías
Procurar
Lista de Correo

Recibe as novidades da Páxina de ADIANTE no teu enderezo de correo electrónico






ADIANTE nas redes sociais
Entidades amigas
Plataformas sociais
Queremos Galego
Ligazóns
estoutras notas políticas
Komunikando.net
http://www.blogoteca.com/upload/bit/cont/591-c-Malmequer%202.jpg
Blog Galego de Solidariedade
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
 
A CUT contará cunha área da mocidade

 O IVº Congreso da Central Unitaria de Traballadoras/es (CUT) decidíu o pasado 28 de Novembro, en Cangas do Morrazo, organizar Asembleas da Mocidade nas súas distintas Unións Comarcais, asembleas que serán o alicerce da Área da Mocidade do sindicato galego de clase a nivel nacional.

A CUT, fundada en 1999, xa contou en 2000 cun xermolo de “sección xuvenil” que, co nome de CUT-Mocidade, organizou unha campaña contra as ETT´s na cidade de Compostela. Tras a ocupación simbólica de media decena de ETT´s na capital nacional e o reparto dun milleiro de díticos, aquela campaña rematara cunha exitosa manifestación. Porén, o duro traballo por consolidar a nacente central rematou por deixar aprazado o proxecto da Área da Mocidade da Central.

Naquela iniciativa participaran activamente moitas/os das/os xoves que 4 anos mais tarde fundaron ADIANTE. Polo que non é casual que esta nova semente para formar a sectorial xuvenil da CUT parta precisamente de membros da nosa Organización afiladas/os á central nacionalista.

Ler máis...

Ler máis...
 
ADIANTE ANTE O 6-D.

ADIANTE, organización da mocidade comunista pola independencia de Galiza, fai un chamado á mocidade galega a participar na marcha nacional que se celebrará este 6 de decembro do 2009 na cidade de Compostela, con partida ás 12 hora da Alameda.

Baixo a lenda “Sobre nós decidirmos nós. Soberania é democracia” a manifestación convocada por Causa Galiza incide no dereito á autodeterminación do pobo galego, que os celadores do texto constitucional español nos negan decote. Ese mesmo texto constitucional que hai agora 31 anos NON foi referendado polo noso pobo, nunha mostra do seu desinterese por lle dar forma xurídica á opresión colonial galega.

Fronte á constitución de 1978, fronte á constitución da Restauración Borbónica, fronte á constitución da opresión nacional e de clase, fronte á constitución da propiedade privada e da desigualdade, fronte á constitución do españolismo e do patriarcado, este 6 de decembro, IMOS A COMPOSTELA.

Viva Galiza Ceibe e Socialista!

Comité Nacional de ADIANTE.
Compostela, decembro do 2009
 
{Galería} A Tiradoura contra a violencia machista
Para acceder á galería do II Recital contra a violencia machista celebrado o pasado 28 de novembro no C.S. A Tiradoura, clica sobre a foto.

     
 
MULLERES DO AGORA: COA PATRIA DE ATRAVÉS


Mulleres do agora: coa patria de através O vindeiro mércores 2 de decembro, ás 19:00 horas na Galería Sargadelos de Compostela, ADIANTE celebra a xornada "Mulleres do agora: coa patria de através" onde se levará a debate a situación actual da muller, nos arredores da data de loita contra o terrorismo patriarcal.

Participan nesta xornada a sindicalista Laura Bugalho, activista do movemento LGBT, Lidia Senra, labrega e tamén sindicalista, membro do Sindicato Labrego Galego e a nosa compañeira Nair G. Abelleira, que achegará unha visión feminista da situación actual da mozas galegas dende unha perspectiva de clase.

 Estades todas e todos convidadas a asistir a este interesante debate.

 
SOLIDARIEDADE DE ADIANTE CON SEGI
 
O pasado martes 23 de Novembro as forzas represivas do Estado Imperialista Español (EIE) secuestraron, nunha nova noite dos cristais rotos, a tres ducias de xoves independentistas bascas/os da nosa organización homóloga en Euskal Herria SEGI.
 
Este novo secuestro foi ordenado polo xuíz do tribunal político de excepción Audiencia Nacional Grande-Marlaska e por Pérez Rubalcaba, ex-membro do aparato político dos GAL liderado por González Márquez nos anos ´80.

Segundo o responsábel da persecución político-policial do EIE, Pérez Rubalcaba, a intención desta nova razzia é a de “descabezar la cantera de ETA” (sic). A súa verdadeira intención é reprimir ao sector mais dinámico e coherente da sociedade vasca: o sector que día a día constrúe unha nación ceibe e sen desigualdades para a futura Euskal Herria. E isto é algo que causa verdadeira desesperación aos clónicos gobernos que se alternan no poder do EIE.  
Ler máis...
 
II Recital-Concerto contra a violencia machista!

 

II Recital Poético-Musical contra a violencia machista

 

Outra volta a resistencia político-cultural do noso pobo é aliada de primeira orde para combater a violencia patriarcal: ADIANTE celebrará no local da A.C. A Tiradoura en Cangas do Morrazo (no lugar de Reboredo, ao final da avenida Marín) o IIº Recital Poético-Musical contra a violencia machista, coa colaboración do colectivo socio-cultural Redes Escarlata.

Neste recital participarán máis dunha ducia de membros das Redes Escarlata e outr@s artistas convidad@s. Ao final da mesma haberá unha foliada a cargo de varios músicos da comarca.

Outra volta, ao fío da palabra de combate, resistencia activa contra o capital e o patriarcado, sistema da barbarie, a opresión de xénero e a tortura.

A cita, o día 28 de novembro ás 21:00, no Morrazo.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 43 - 48 de 191
© 2010 ADIANTE (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza)
Feito con Joomla!, Software Libre distribuido baixo licenza GNU/GPL.