|
ADIANTE convoca á mocidade a participar dunha asemblea aberta para se informaren sen compromiso sobre as actividades e propostas da organización xuvenil o Xoves 28 de Xaneiro ás 20:30 no Local da CUT de Vigo. . |
| |
| |
|
 NOVAS SOBRE AS XORNADAS EN DEFENSA DO AGRO. Así como avanza a organización das xornadas A MOCIDADE GALEGA EN DEFENSA DO AGRO, hai que facer algunha rectificación e aclaración enriba do programa: 1. A palestra-proxección programada para o martes 19 ás 20.30 horas sobre o Cabalo Galego na Casa das Crechas, pasa a celebrarse no Café Bar O PARAÍSO PERDIDO. Puntualmente e no lugar informaremos á xente que ande despistada!. 2. O prezo do menu para o xantar popular do sábado establécese en 12 €, xantar fornecido polas labregas e labregos de Lentura , de produción caseira e de calidade. O prazo para anotarse ao xantar por medio do noso correo electrónico info@adiantegz.org remata o xoves 21. Tamén se porán a disposición dos interesados e interesadas en diversos locais de Compostela os bonos-xantar para ese día. A adquisición dun destes bonos opera como unha reserva. Informaremos na nosa páxina do listado de lugares onde se poden atopar. 3. O venres celebrarase un Aberto Nacional de Billarda, ou Aberto do Agro (na Alameda de Compostela), conducido pola Liga Nacional de Billarda, cuxo primeiro premio consistirá nun "Manoxo de Nabizas". 4. A relación dos números premiados no sorteo que se celebrará durante os concertos, publicarase na nosa páxina no día seguinte do concerto, onde as propias bases do sorteo. Sen máis, vémonos na próxima semana. A mocidade galega por un agro vivo! |
|
ADIANTE, organización da mocidade comunista e independentista de Galiza, volta a reiterar o seu incondicional apoio a todo o movemento popular a prol das escadras deportivas galegas do deporte nacional e de base. En especial, amosamos todo o noso opoio ao colectivo Siareiras Galegas e tamén á Liga Nacional de Billarda. Co tempo voveuse a amosar que ningún dos grupos políticos do parlamentiño sucursal ten intención de apoiar o noso deporte nacional. O anterior goberno do PsoE-BnG, malia os xestos cara a galería, non moveu un só dedo pola oficialidade deportiva internacional de Galiza e non incentivou mais que os deportes espectáculo -sobretodo masculinos- no formato de partidos rituais. O “novo” goberno neofascista do Pp, alén de devolver á clandestinidade aos equipos galegos, volve a impornos os partidos en estadios galegos da, sempre extranxeira, selección estatal española. Amosan, sen disimulo, que a imposición de “La Roja” -nome inventado polo Grupo PRISA para facer pasar por “popular”- ten unha clara intencionalidade política colonialista. |
|
Ler máis...
|
|
|
Alá van 5 anos, ou 60 meses, ou 260 semanas, desde a constitución formal de ADIANTE. Durante estes cinco anos de actividade da nosa Organización estivemos, sobre todo, a afortalar unha estrutura estábel, nun constante proceso dialéctico, de cara a sentar as bases dunha Organización máis forte e dinámica no futuro. Tamén participamos activamente noutras frontes da loita dentro de colectivos e organizacións como a cultural Redes Escarlata, a sindical Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras de Galiza (CUT), a estudantil Grupo Revolucionario de Estudantes Independentistas (GREI), a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), as veciñais dos Foros Sociais ou a feminista Marcha Mundial das Mulleres (MMM), levando de fronte, dentro delas, a nosa postura independentista, revolucionaria e de clase. Cinco anos cara adiante. E moitos máis que virán, por moito que incomode a tantos. Iso é bo. |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 37 - 42 de 191 |