ADIANTE adhírese á celebración do 8 de marzo (Día Internacional da Muller Traballadora), xa centenaria, e participará nas marchas convocadas pola Marcha Mundial das Muleres.Así, chamamos á mocidade a participar activamente nos actos, concentracións e manifestacións convocadas en diferentes cidades do País para esta data na que ADIANTE irá da man das compañeiras da Centra Unitaria de Traballadores/as en Vigo e Compostela que baixo o lema "AS MULLERES COA FOLGA XERAL NACIONAL" poñen sobre o escenario político deste 8 de marzo a necesidade da acumulación de forzas para unha contestación dende a rúa e dende abaixo ao sistema actual no seu conxunto. Vigo - Luns, 8 de Marzo - Manifestación ás 20:00 hrs.- Desde a Praza de Portugal Compostela - Luns, 8 de Marzo - Manifestación ás 20:30 hrs. - Desde a Praza do Toural Ourense - Luns, 8 de Marzo - Obradoiro ás 17:30 hrs. - Praza Maior A Coruña - Luns, 8 de Marzo - Festa de celebración do movemento feminista -de 12:00hrs ás 20:30hrs - Praza das Conchiñas Ferrolterra - Luns, 8 de Marzo - Concentración ás 20:00 hrs. - Cantón de Molíns (Ferrol) Pontevedra - Luns, 8 de Marzo - Concentración ás 20:30 hrs. - Praza 8 de Marzo |
|
|
“A incorporación das grandes masas de obreiras á loita de liberación do proletariado é unha das condicións previas para a vitoria da idea socialista e para a construción da súa sociedade. Só a sociedade socialista resolverá o conflito hoxe en día producido pola actividade profesional das mulleres”.
Así falou Clara Zetkin no ano 1896, no congreso do Partido Socialdemócrata alemán, e o mesmo espírito desas palabras foi o que a levou a conseguir a aprobación da celebración do Día Internacional das Mulleres Traballadoras, hai xa cen anos. No pasado, as mulleres, ao igual que os traballadores, non tivemos consciencia clara da nosa servidume. O sometemento, non obstante, das mulleres foi significativamente máis duro, xa que excluídas, casadas ou solteiras estabamos negadas coma seres humanos, cargadas de normas e tarefas que reducían a nosa existencia. |
|
Ler máis...
|
|
|
Desde ADIANTE congratulámonos de que, por fin, o pasado 27 de xaneiro á Unión da Mocidade Comunista Checa (KSM) se lle devolera á súa lexitima legalidade no seguemento dunha decisión do Tribunal Municipal de Praga que anula a decisión, e contradí os fundamentos, que levaran a que o 12 de outubro de 2006 o Governo checo declarase ilegal esta organización xuvenil ligada ao KSČM. |
|
Ler máis...
|
|
|
Na madrugada do mércores 13 ao xoves 14 foron detidos na entrada da cidade de Pontevedra dous xoves vigueses de recoñecido compromiso: o veciño de Lavadores e militante independentista Xurxo e o veciño de Travesía e militante anarquista Óscar. A policia española do ex-GAL Rubalcaba non dubidou en lles aplicar a mal-chamada lei “anti-terrorista” e a prensa do sistema en inxurialos e prexulgalos. De novo queda ben claro a conexión e a estudada coordinación policía española / prensa empresarial. De ADIANTE solidarizámonos cos dous xoves galegos e cos seus familiares, compañeiros e amigos. Exiximos que a denominada “prisión preventiva” non volva a se converter nunha excusa “legal” para privar de liberdade a prisioneiros políticos. Volvemos reivindicar a liberdade de todos os presos políticos galegos, ou cando menos, o seu traslado á terra. E volvemos apoiar todas as iniciativas dos organismos anti-represivos galegos para rachar os muros do silenciamento e a manipulación. |
|
|
Logo da celebración do sorteo público de onte que se celebrou por mor das Xornadas A MOCIDADE GALEGA EN DEFENSA DO AGRO, resultaron premiados: 1º premio Nº 00794 - Fin de semana no Courel para dúas persoas. 2º premio Nº 00335 - Cesta de produtos ecolóxicos fornecida pola Asociación de Labregos e Labregas LENTURA. Se resultaches premiado ou premiada envíanos un mail a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
|
Xa está na rúa unha nova entrega -a número 9- do GUME, o voceiro de ADIANTE no Morrazo e Vigo. Por primeira vez, o contido do GUME é monográfico e aborda a loita do pobo contra a especulación nos terreos de Massó. Faino cunha reportaxe, que malia ter sido xa publicada na nosa web, é moi importante que estea tamén na rúa. Na reportaxe, ADIANTE fala con Mariano Abalo, Maruchi Álvarez, Tiago Pérez e co membro do Comité Nacional de ADIANTE Tomás Hermelo, representativas voces dunha vila en loita. Dunha vila que leva amosando unha actitude resistente exemplar na defensa dos seus intereses ecolóxico-naturais, económicos e culturais. Tamén podes descargar o GUME desde a nosa web. |
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 31 - 36 de 191 |