|
A Frente Popular Galega e a organización xuvenil ADIANTE -Mocidade Revolucionaria Galega-, o Colectivo Nacionalista de Marín e a asociación sociocultural Redes Escarlata anuncian o seu apoio á manifestación convocada pola Plataforma contra a privatización. para o vindeiro día 16 de abril en Pontevedra en favor dunha sanidade plenamente pública.  A manifestación pretende visibilizar a crecente oposición popular contra a privatización da sanidade galega que pretende o Goberno galego do Partido Popular. Pontevedra e a súa comarca están convocadas á manifestación, que se celebrará o día 16 de abril e partirá da Praza da Ferraría ás 20:00 horas. No transcurso da manifestación, as organizacións que asinan esta nota de prensa repartirán folletos informativos onde se explican as medidas que, para prexuízo das galegas e dos galegos, do sistema sanitario público e en beneficio do mercantilismo máis caciquil, pretende poñer en marcha o PP. Asimesmo, estamos a desenvolver unha campaña informativa polos concellos de Marín, Pontevedra e Bueu, no que supón o inicio dunha colaboración e traballo conxunto entre as nosas organizacións. A Frente Popular Galega, ADIANTE –Mocidade Revolucionaria Galega-, o Colectivo Nacionalista de Marín e as Redes Escarlata animan a todo o Pobo a manifestarase en favor dunha sanidade 100% pública e galega, contra a privatización que nos pretende impoñer o PP e pola derrogación da Lei 15/1997. Asinan: FRENTE POPULAR GALEGA ADIANTE, Mocidade Revolucionaria Galega COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN REDES ESCARLATA
|
|
Ler máis...
|
|
|
Logo de solucionarmos diversos problemas técnicos, xa están dispoñíbeis as Galerías de imaxes das xornadas A Mocidade Galega en Defensa do Agro, celebradas na cidade de Compostela do 18 ao 23 de xaneiro deste ano e tamén dos actos celebrados en Vigo baixo a lenda Vigo pola Folga Xeral Nacional, que comprenden os actos conxuntos celebrados coa Central Unitaria de Traballadores/as polo Día da Muller Traballadora e mailo Día da Clase Obreira Galega (concentración diante de Adolfo Domínguez e concerto na sala Farándula con Ataque Escampe e Ulträqäns). Súmaselles a galería dos actos celebrados en Ourense pola Folga Xeral Nacional, que se encetou cun acto político de rúa e rematou cun concerto de Xandre Terry e Brais McGhee, amais dos Mencer Vermello no Café Auriense. 1. Xornadas a Mocidade Galega en Defensa do Agro.2. Vigo pola Folga Xeral Nacional.3. Ourense pola Folga Xeral Nacional |
|
|
Logo despois do éxito das actividades convocadas na cidade de Vigo, onde se ven de celebrar unha concentración no pasado 10 de marzo e un concerto cos Ulträqäns e Ataque Escampe, de A DIANTE seguimos a socializar polo País a necesidade dunha Folga Xeral Nacional onda os compañeiros e compañeiras da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT ). O próximo venres 19 de marzo, na praza do Correxidor, en Ourense, celebrarase un acto político que contará coa presenza de compañeiras e compañeiros de ADIANTE e da CUT. Así, logo deste acto político de socialización da Folga Xeral que comeza ás 19:00 horas, teremos a oportunidade de escoitar no serán musical do café cultural Auriense (sito na mesma praza) a "Corpo aberto blues", unha intervención en chave blues de Xandre Terry e Brais McGhee. Isto ás 20:00 horas. Finalizando a xornada, o grupo ferrolán Mencer Vermello, do Rock Proletario Internacional, estará no mesmo café a partires das 21:45 horas, nun concerto ao prezo de 3€. |
|
Actívanse CR1 e bonos solidarios contra a represión A represión económica é unha estratexia que pretende sabotar a actividade normal e habitual das entidades políticas, sindicais, xuvenís, estudantís, sociais,... coa fin de interferir na súa soberanía e condealas a centrar case toda a súa actividade na resistencia á citada represión económica. Nunha situación coma a que estamos a padecer por causa do capitalismo, esta estratexia faise mais eficaz, perversa e selectiva. Por mor da crecente represión económica á que o Estado Imperialista Español somete tanto á esquerda independentista coma aos movementos populares galegos, ADIANTE decidíu activar a CR1 (ou 1ª Caixa de Resistencia), editar uns bonos solidarios -cuxos ingresos irán directamente á citada CR1-, e planificar outras actividades das que iremos dando conta. Os fondos desta 1ª Caixa de Resistencia servirán, sempre na medida das súas posibilidades, para sufragar as multas ou sancións de carácter político que a xustiza española impoña a membros (militantes ou colaboradoras/es) de ADIANTE ou doutras entidades populares que carezan de fondos de resistencia. |
|
Ler máis...
|
|
|
ADIANTE continúa a súa actividade informativa enmarcada na Campaña 09/10 "A mocidade comunista pola independencia de Galiza". Desta volta, unha nova asemblea informativa transcorrerá no concello de Cangas do Morrazo, no local da A.C A Tiradoura (Reboredo), onde o próximo sábado 20 de marzo, a partires das 19:00 horas, camaradas da nosa organización explicarán as propostas que ADIANTE realiza no senso da liberación social e nacional de Galiza. Por iso, dende ADIANTE convocamos á mocidade revolucionaria do Morrazo a participar desta asemblea aberta na que se establecerá un diálogo ao redor desta campaña da mocidade comunista e independentista.
|
|
VENCEREMOS NÓS!ADIANTE fai un chamado a participar ao coxunto da mocidade ao acto de reinvindicación-memoria do Día da Clase Obreira Galega en Vigo, o próximo mércores 10 de marzo ás 11:30 horas na rúa Eduardo Iglesias (encrucillada coa r/ Príncipe) ao carón da tenda de Adolfo Domínguez, convocada pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT). 
Durante a concentración desenvolverase un acto político no que intervirán compañeiros e compañeiras de ADIANTE e da CUT, reflexionando sobre a necesidade da convocatoria dunha Folga Xeral Nacional para responder na rúa á actual crise sistémica que goberno e capital financeiro (os verdadeiros culpábeis) están a cargar sobre o lombo da clase obreira galega, especialmente da mocidade. Chamamos pois a participar neste acto de resposta política ás agresións da patroal (sintetizadas na figura de Adolfo Domínguez, que ven de pedir con descaro o despedimento libre) e de acumulación de forzas para poñer sobre a mesa a urxencia desa Xornada Nacional de Loita. Convidámovos tamén á participación nos actos lúdicos de difusión que programamos para o vindeiro sábado 13 de marzo, ás 22:00 horas, na Sala Farándula (Pr. de Portugal, Vigo), onde se celebrará o concerto de Ulträqäns e Ataque Escampe, ao custo de 3€ a entrada. Pódese atopar por anticipado na cidade no L.S. Faísca, no C.S. A Revolta e en Tendas Tipo. |
|
|