|
Co gallo do Día das Letras Galegas do ano 2010, as organizacións políticas, sociais e culturais Frente Popular Galega, Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega), Colectivo Nacionalista de Marín e Redes Escarlata elaboraron un comunicado conxunto e organizaron unha serie de actos en Marín e Pontevedra arredor do idioma:
O próximo día 5 de maio, ás 20h, na biblioteca de Marín participarán nunha charla colóquio sobe a situación do idioma e da literatura os escritores Anxo Angueira e Ana Outón.
O día 12 de maio, ás 20h., na Galería Sargadelos de Pontevedra falarán sobre o idioma e a xustiza Anxos Sobriño, normalizadora da Audiencia Provincial de Pontevedra, e Xoán Xosé Barreiro, maxistrado a mesma Audiencia. |
|
Ler máis...
|
|
|
ADIANTE adhire no vindeiro 1º de maio a manifestación convocada pola CUT, con saída na praza de Fernando O Católico ás 11:00 horas da mañá, baixo a lenda: Folga Xeral Xa! ADIANTE COA FOLGA XERAL Por moito que o sistema a través dos seus instrumentos de propaganda, os “medios de información” nos queira convencer, hoxe non é unha data ritual ou de lecer. A folcrorización desta data tan significativa para nós ven de lonxe, mais tanto o 30 de Abril, Día internacional da sabotaxe anticapitalista, coma o 1º de Maio, Día do internacionalismo proletario, son xornadas de loita nas que a clase traballadora debemos lanzar con enerxía as nosas reivindicacións e mais as nosas exixencias fronte ás/aos inimigas/os da nosa clase. |
|
Ler máis...
|
|
ADIANTE xa pediu en datas pasadas, e co gallo das protestas do pobo galego contra o xenocidio practicado polo sionismo israelita, a disolución deste Estado, enclave do imperialismo mundial e laboratorio do terrorismo de estado. Outra volta, e sen ningún tipo de explicación, desenvolvendo unha vez máis a práctica totalitaria que caracteriza á administración sionista, expulsan ao compañeiro Iván Prado, promotor do Festiclown 2010 en Palestina, e mais á intérprete Laila T.Q., despois de máis de seis horas de celas de incomunicación e interrogatorios continuados sen lles recoñeceren ningún tipo de dereito, como o de asistencia letrada, ou intérprete. Dende ADIANTE queremos expresar a nosa solidariedade cos compañeiros e co proxecto internacionalista do Festiclown 2010, e exixir máis unha vez a disolución do Estado de Israel e o consecuente recoñecemento do dereito a decidir do pobo palestino. Palestina vencerá! Disolución do Estado Sionista de Israel! |
|
Programa da homenaxe Nacional de Causa Galiza aos Mártires de Carral: “1846-2010 Carral, semente da Galiza soberana”O mes de Abril de 1846 ficará gravado na memória do povo galego polos acontecimentos que levaron por todo o pais anseios de liberdade, depois de que o dia 2 en Lugo un batallón do exército se érguese sobre o mando de Solis. Logo Compostela, Pontevedra, Tui e Vigo somaríanse a rebelión. En 15 de Abril en Compostela decídese criar dous corpos do exército, un deles teria a denominación de “Exército Libertador da Galiza”, así mesmo constituiríase unha Xunta Suprema do Reino da Galiza, que contará como Presidente a Pio Rodríguez Terrazo, e como Secretário a un dos principais ideólogos do Provincialismo (movimento no que se  situan as orixes do nacionalismo): o mozo Antolín Faraldo. O mesmo será o que redirixa a proclama denunciando o asovallamento no que vive Galiza “convertida nunha colónia da Corte”. No dia 23 de Abril, en Montouto, na batalla de Cacheiras, será o comezo da derrota dos sublevados. Depois ficaria a última resisténcia en Compostela. Os principais dirixentes desta Revolución Galega de 1846, serán fusilados no dia 26 polo que sempre serán lembrados como os Mártires de Carral. A partir daquela altura, o soberanismo galego iría tomando forma e avanzando na sua introdución social até os nosos días, centrando os seus esforzos desde finais do século XIX en dotar ao noso País dun Estado libre.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Propaganda
A Goebbels non lle debía importar moito que o soubesen os que o tiñan que saber. Era tal a euforia orxiástica nazi que coidaban que o futuro lles pertencía ata que o sol estoupase nunha tormenta de raios gamma. E máis aló, que tamén tiñan o seu punto esotérico. Agoiraron antes ca ninguén a fin da historia. Eles e a súa orde social eran o principio da conclusión nunha humanidade libre de imperfeccións, aria, pura, virtuosa. Máis aló deles, nada, ninguén. Empezaba a ser o mellor dos mundos posibles. |
|
Ler máis...
|
|
|
A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” convoca unha manifestación de solidariedade con Cuba, o dia 18 de abril ás 12.30 na Alameda de Compostela |
|
Ler máis...
|
|
|