|
Co gallo do IX Congreso da Asociación Española de Psiquiatría do Neno e o Adolescente, este venres 21 de maio dará unha conferencia en Compostela Javier San Sebastián Cabasés, psiquiatra e presidente da Fundación O’Belén, empresa fundada por persoas vencelladas á dereita españolista e á Igrexa Católica.
A Fundación O'Belén foi denunciada publicamente en múltiples ocasións por persoas, colectivos sociais de protección da infancia, colectivos internacionais de defensa dos dereitos humanos e mesmo polo “defensor del pueblo” do Estado por levar a cabo prácticas que atentan contra os dereitos humanos fundamentais dos menores ingresados nos seus centros. A grande variedade de entidades que sacan á luz os abusos producidos nos seus centros, moitas delas nada sospeitosas de contestatarias, pódenos dar unha idea da gravidade dos abusos que se producen no interior dos muros privados de exclusión social que supoñen este tipo de centros de internamento. Tamén os menores internos e os seus familiares, así como @s traballador@s desta fundación, viñeron a ilustrar os tipos de abusos dos que estamos a falar: castigos físicos, vexamentos, illamento, subministro abusivo e arbitrario de medicación sen sequera diagnóstico previo, ausencia de servizos sanitarios axeitados etc. Dentro destes centros, xa que logo, non só se abusa física e mentalmente dos menores, senón que ademais négaselles o dereito á saúde. Estas condicións extremas tiveron nos últimos tempos as súas consecuencias máis crueis ao provocaren o suicidio de cando menos tres menores que estaban baixo a garda desta institución. Suicidios provocados sen dúbida pola práctica psiquiatrizante e carcelaria dos centros desta fundación e dos que son plenamente reponsábeis os seus xestores, supostos garantes da integridade física destes menores, así como a administración pública, por permitiren a perversión dos servizos sociais ao deixalos en mans de entidades privadas cuxo único obxectivo é o lucro. |
|
Ler máis...
|
|
 Cando remata un pobo? UN POBO NACE SEMPRE. Non remata nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca. Uxío Novoneyra Polo xeral, todas as perdas deixan un baleiro difícil de encher. No caso das linguas, a perda é irrecuperábel pois, con ela, marcha tamén unha forma única de entenderse e amosarse un pobo no mundo. Nestes últimos cinco anos, o galego perdeu máis de trescentos mil falantes, segundo datos tirados do Instituto Galego de Estatística. O noso idioma sofre unha enorme presión por parte do español. Esta realidade que só pode mudar logo de anos de concienciación e traballo normalizador real. Porén, hoxe, a facultade de lexislar sobre o noso idioma está secuestrada por un goberno reaccionario e galegófobo, que fai seu o vello proxecto colonial de negarnos como nación extinguindo o noso elemento definitorio máis importante: a lingua. Resulta evidente, que todo programa centralista (como o da sucursal do PP de Génova [Madrid]) pasa por desraizar poboación enteiras, ao tempo que non debemos esquecer que a especificidade deste seu propósito colonial ten fondas raíces no franquismo. Hoxe, as políticas lingüísticas do goberniño son alentadas por grupúsculos da extrema dereita e fican cada día máis distantea do “pacto social” e do “consenso”, elementos que deica o de agora lle viñan a dar un revestimento formal á súa democracia de papel. |
|
Ler máis...
|
|
CONCENTRACIÓN ás 11:00 horasMércores 12 de maio.Xulgado do Penal nº2 de Pontevedra
ADIANTE solidarizarase mañá con Pepe e Javier Costa, os dous mariñeiros acusados de "resistencia á autoridade" pola concentración popular na defensa da ría de Vigo convocada no pasado 22 de setembro. Como de habitude, a veciñanza de Cangas botouse á defensa do seu patrimonio cultural (neste caso industrial, a vella conserveira de Massó) e natural, así como dos intereses socieconómicos dun pobo no que máis de 500 familias viven da baixura.  A ferramenta foi máis unha vez a resistencia popular, a dignidade mariñeira e a resposta acitva dunha poboación consciente da importancia do que lles é propio. ADIANTE quere recordar que a Garda Civil, nunha actitude belixerante e inxuriosa (denunciada en diversos foros polos edís de ACE Mariano Abalo e Maruchi Álvarez, así coma polo Foro Social do pobo) se lanzou á defensa dos intereses do capital privado (Marina Atlántica) seguindo o programa especulativo de Caixanova, facendo a vista grosa sobre as ilegalidades manifestas na construción do proxectado Porto Deportivo. Por iso dende a mocidade comunista lanzaramos a consigna: "Caixanova apunta, a Garda Civil dispara ". Hoxe, os efectos daquela ocupación armada do pobo de Cangas continúan. O vindeiro mércores 12 de maio, a acusación solicitará nun xuízo a celebrar na vila de Pontevedra 10 meses de prisión para estes dous mariñeiros, ou a correspondentes pena económica. Por iso ADIANTE chama á mocidade do noso País a solidarizarse cos compañeiros represaliados por defender dende a máis profunda dignidade mariñeira os recursos do seu pobo. Por iso ADIANTE estará mañá ás 11:00 horas diante das portas do Xulgado do Penal nº2 de Pontevedra, ao carón doutros moitos colectivos sociais, políticos e sindicais para solicitar a libre absolución dos mariñeiros baixo o lema: ADIANTE COA DIGNIDADE MARIÑEIRA CONTRA A ESPECULACIÓN.
PARALIZACIÓN DAS OBRAS ILEGAIS!LIBRE ABSOLUCIÓN DOS MARIÑEIROS REPRESALIADOS!
|
|

O pasado 1º de Maio saíu á rúa o 10º número, correspondente aos meses de Maio e Xuño, do órgao de expresión de ADIANTE en Vigo e O Morrazo: o GUME. O voceiro, que cumpre cinco anos, foi repartido na mobilización obreira que saíu ás 11:00 da Praza de Fernando o Católico de Vigo. O GUME pódese atopar tamén no centros sociais das comarcas do Morrazo e Vigo, ou ben descargar na nosa web nacional.
::contidos:: :: 1 de Maio. Adiante pola folga xeral nacional! [p.1] :: Actividades en Marzo [p.2] :: Represión por defender o galego [p.3] :: En Movemento [p.3] :: Banda deseñada [p.4] ::páxina de descarga:: |
| |
|
|
Co gallo do Día das Letras Galegas do ano 2010, as organizacións políticas, sociais e culturais Frente Popular Galega, Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega), Colectivo Nacionalista de Marín e Redes Escarlata queremos facer público o seguinte comunicado : |
|
Ler máis...
|
|
|