Inicio arrow Nacional arrow Campaña 09/10 arrow Vigo pola Folga Xeral Nacional
1º Festival da Cultura Proletaria
Menú principal
Inicio
Quen somos
Nacional
Internacional
Opinión
Ligazóns
Contacta!
Publicacións
Descargas
Galerías
Procurar
Lista de Correo

Recibe as novidades da Páxina de ADIANTE no teu enderezo de correo electrónico






ADIANTE nas redes sociais
Entidades amigas
Plataformas sociais
Queremos Galego
Ligazóns
estoutras notas políticas
Komunikando.net
http://www.blogoteca.com/upload/bit/cont/591-c-Malmequer%202.jpg
Blog Galego de Solidariedade
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
 
Vigo pola Folga Xeral Nacional PDF Imprimir Correo-e
 VENCEREMOS NÓS!

ADIANTE fai un chamado a participar ao coxunto da mocidade ao acto de reinvindicación-memoria do Día da Clase Obreira Galega en Vigo, o próximo mércores 10 de marzo ás 11:30 horas na rúa Eduardo Iglesias (encrucillada coa r/ Príncipe) ao carón da tenda de Adolfo Domínguez, convocada pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT).

Durante a concentración desenvolverase un acto político no que intervirán compañeiros e compañeiras de ADIANTE e da CUT, reflexionando sobre a necesidade da convocatoria dunha Folga Xeral Nacional para responder na rúa á actual crise sistémica que goberno e capital financeiro (os verdadeiros culpábeis) están a cargar sobre o lombo da clase obreira galega, especialmente da mocidade.

Chamamos pois a participar neste acto de resposta política ás agresións da patroal (sintetizadas na figura de Adolfo Domínguez, que ven de pedir con descaro o despedimento libre) e de acumulación de forzas para poñer sobre a mesa a urxencia desa Xornada Nacional de Loita.

Convidámovos tamén á participación nos actos lúdicos de difusión que programamos para o vindeiro sábado 13 de marzo, ás 22:00 horas, na Sala Farándula (Pr. de Portugal, Vigo), onde se celebrará o concerto de Ulträqäns e Ataque Escampe, ao custo de 3€ a entrada. Pódese atopar por anticipado na cidade no L.S. Faísca, no C.S. A Revolta e en Tendas Tipo.

 
© 2010 ADIANTE (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza)
Feito con Joomla!, Software Libre distribuido baixo licenza GNU/GPL.