Inicio arrow Nacional arrow Muller arrow A 100 despois, a loita continúa!
1º Festival da Cultura Proletaria
Menú principal
Inicio
Quen somos
Nacional
Internacional
Opinión
Ligazóns
Contacta!
Publicacións
Descargas
Galerías
Procurar
Lista de Correo

Recibe as novidades da Páxina de ADIANTE no teu enderezo de correo electrónico






ADIANTE nas redes sociais
Entidades amigas
Plataformas sociais
Queremos Galego
Ligazóns
estoutras notas políticas
Komunikando.net
http://www.blogoteca.com/upload/bit/cont/591-c-Malmequer%202.jpg
Blog Galego de Solidariedade
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
 
A 100 despois, a loita continúa! PDF Imprimir Correo-e

 “A incorporación das grandes masas de obreiras á loita de liberación do proletariado é unha das condicións previas para a vitoria da idea socialista e para a construción da súa sociedade. Só a sociedade socialista resolverá o conflito hoxe en día producido pola actividade profesional das mulleres”.

Así falou Clara Zetkin no ano 1896, no congreso do Partido Socialdemócrata alemán, e o mesmo espírito desas palabras foi o que a levou a conseguir a aprobación da celebración do Día Internacional das Mulleres Traballadoras, hai xa cen anos.

No pasado, as mulleres, ao igual que os traballadores, non tivemos consciencia clara da nosa servidume. O sometemento, non obstante, das mulleres foi significativamente máis duro, xa que excluídas, casadas ou solteiras estabamos negadas coma seres humanos, cargadas de normas e tarefas que reducían a nosa existencia.

Porén, falar hoxe en día de capitalismo e patriarcado como fenómenos asoballadores independentes é, cando menos, redundante. O capitalismo, como sistema intrinsecamente inxusto que é, precisa de certos colectivos poboacionais subxugados ás súas dinámicas opresoras, e é claro que as mulleres -máis sendo mozas- están entre estes sectores. A opresión patriarcal aséntase na na existencia da propiedade privada, na obxectualización e na negación das mulleres, deica o punto de sermos tratadas como un ben máis, obxecto de apropiación.

A precariedade laboral aféctanos máis a nosoutras que a calquera outro sector social. Se ben a mocidade no seu conxunto ten que enfrontarse á problemática da adquisición dunha vivenda digna ou á incerteza con respecto ao seu futuro (inseguridade laboral), nós vémonos obrigadas a engadir a isto unha división laboral segundo os roles implantados polo patriarcado, que nos ligan a empregos como a ensinanza ou a enfermaría; a diferenza salarial entre xéneros, que fai que cobremos até un 38% menos desenvolvendo o mesmo traballo; ou a imposibilidade de acceso por parte das mulleres a determinados postos, que supón que os homes dominen os sectores máis poderosos.

Seguimos sen poder ser suxeitos con liberdade autónoma. Somos obxectos de consumo no sentido máis literal da palabra. Somos vítimas da prostitución, que non é outra cousa que un medio privilexiado de exercicio do poder patriarcal e unha forma de escravitude para as mulleres, intimamente ligada coas nosas condicións industriais e o sistema de propiedade privada. Tamén somos os principais obxectos da publicidade de consumo. O patriarcado fainos débiles e propensas a crearnos falsas necesidades, o que sen dúbida representa un filón para o sistema económico actual.

 Encarármonos estes problemas dentro deste sistema é, sexamos realistas, tanto imposíbel coma inútil. Todas e cada unha das medidas pola falsa igualdade, baixo o eufemístico nome de paridade, non deixa de ser un placebo que nada soluciona, xa que o poder imperante opera segundo a lóxica patriarcal. Son xa cen os anos nos que levamos reivindicando os nosos dereitos como traballadoras, e foron moitos máis os que houbo de loita para que tiveramos dereito a reclamalos. Porén o conquistado aínda non abonda.

Nin os obxectivos nin os medios de organización deste sistema procuran a xustiza social. É por iso polo que a igualdade entre xéneros non é viábel de non apostarmos por unha mudanza radical e de base. A loita de liberación das mulleres traballadoras debe ser unha loita conxunta cos homes da súa clase, unha loita a prol da liberación social do conxunto do proletariado que estableza unha nova orde mundial igualitaria, solidaria e digna.

En ADIANTE somos conscientes da herdanza histórica que deixaron grandes teóricas feministas como Clara Zetkin, Alexandra Kollontai ou Simone de Beauvoir, que souberon comprender que o binomio marxismo-feminismo, ademais de non ser incompatíbel, é necesario e fondamente interdependente. Recollemos, xa que logo, o seu legado neste 8 de marzo centenario, mais non só. Recollémolo e aplicámolo cada día, para cumprir a nosa principal tarefa: a de espertar a conciencia das mulleres e loitar pola erradicación da nosa opresión histórica, porque desde o momento en que unha liberación xorde como posíbel, non explotar esta posibilidade é levar a cabo unha dimisión da liberdade.

 
© 2010 ADIANTE (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza)
Feito con Joomla!, Software Libre distribuido baixo licenza GNU/GPL.