Inicio arrow Internacional arrow Europa arrow A mocidade comunista checa venceu!
1º Festival da Cultura Proletaria
Menú principal
Inicio
Quen somos
Nacional
Internacional
Opinión
Ligazóns
Contacta!
Publicacións
Descargas
Galerías
Procurar
Lista de Correo

Recibe as novidades da Páxina de ADIANTE no teu enderezo de correo electrónico






ADIANTE nas redes sociais
Entidades amigas
Plataformas sociais
Queremos Galego
Ligazóns
estoutras notas políticas
Komunikando.net
http://www.blogoteca.com/upload/bit/cont/591-c-Malmequer%202.jpg
Blog Galego de Solidariedade
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
 
A mocidade comunista checa venceu! PDF Imprimir Correo-e
Unión da Mocidade Comunista Checa (KSM)

Desde ADIANTE congratulámonos de que, por fin, o pasado 27 de xaneiro á Unión da Mocidade Comunista Checa (KSM) se lle devolera á súa lexitima legalidade no seguemento dunha decisión do Tribunal Municipal de Praga que anula a decisión, e contradí os fundamentos, que levaran a que o 12 de outubro de 2006 o Governo checo declarase ilegal esta organización xuvenil ligada ao KSČM.

Esta vitoria da mocidade checa, e da mocidade comunista en particular, foi fragoada pola súa incesante loita nas rúas e pola grande vaga de solidariedade internacionalista. E supón, para alén, unha labazada á campaña anticomunista que o capitalismo e o fascismo -apoiados pola “esquerda” revisionista- están a desenvolver no seo da sempre reaccionaria Unión Europea.

A mocidade comunista e independentista organizada en ADIANTE parabeniza á KSM e á Federación Mundial da Mocidade Democrática por este éxito. Estaremos á alerta ante as persecucións anticomunistas na rexión, sobretodo nos estados do Grupo Visegrád. Porque os embates e ataques á mocidade traballadora do mundo terán sempre de fronte a solidariedade, unidade e firmeza internacionalista da mocidade antifascista organizada.



FASCISMO NUNCA MAIS!!

COMUNISMO OU BARBARIE... VENCEREMOS!

 
© 2010 ADIANTE (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza)
Feito con Joomla!, Software Libre distribuido baixo licenza GNU/GPL.