| LIBERDADE PARA ÓSCAR E XURXO!! |
|
|
|
|
A policia española do ex-GAL Rubalcaba non dubidou en lles aplicar a mal-chamada lei “anti-terrorista” e a prensa do sistema en inxurialos e prexulgalos. De novo queda ben claro a conexión e a estudada coordinación policía española / prensa empresarial. De ADIANTE solidarizámonos cos dous xoves galegos e cos seus familiares, compañeiros e amigos. Exiximos que a denominada “prisión preventiva” non volva a se converter nunha excusa “legal” para privar de liberdade a prisioneiros políticos. Volvemos reivindicar a liberdade de todos os presos políticos galegos, ou cando menos, o seu traslado á terra. E volvemos apoiar todas as iniciativas dos organismos anti-represivos galegos para rachar os muros do silenciamento e a manipulación. |























Na madrugada do mércores 13 ao xoves 14 foron detidos na entrada da cidade de Pontevedra dous xoves vigueses de recoñecido compromiso: o veciño de Lavadores e militante independentista Xurxo e o veciño de Travesía e militante anarquista Óscar.