| Novas sobre as Xornadas |
|
|
|
![]() NOVAS SOBRE AS XORNADAS EN DEFENSA DO AGRO. Así como avanza a organización das xornadas A MOCIDADE GALEGA EN DEFENSA DO AGRO, hai que facer algunha rectificación e aclaración enriba do programa: 1. A palestra-proxección programada para o martes 19 ás 20.30 horas sobre o Cabalo Galego na Casa das Crechas, pasa a celebrarse no Café Bar O PARAÍSO PERDIDO. Puntualmente e no lugar informaremos á xente que ande despistada!. 2. O prezo do menu para o xantar popular do sábado establécese en 12 €, xantar fornecido polas labregas e labregos de Lentura , de produción caseira e de calidade. O prazo para anotarse ao xantar por medio do noso correo electrónico info@adiantegz.org remata o xoves 21. Tamén se porán a disposición dos interesados e interesadas en diversos locais de Compostela os bonos-xantar para ese día. A adquisición dun destes bonos opera como unha reserva. Informaremos na nosa páxina do listado de lugares onde se poden atopar. 3. O venres celebrarase un Aberto Nacional de Billarda, ou Aberto do Agro (na Alameda de Compostela), conducido pola Liga Nacional de Billarda, cuxo primeiro premio consistirá nun "Manoxo de Nabizas". 4. A relación dos números premiados no sorteo que se celebrará durante os concertos, publicarase na nosa páxina no día seguinte do concerto, onde as propias bases do sorteo. Sen máis, vémonos na próxima semana. A mocidade galega por un agro vivo! |























