Inicio arrow Nacional arrow Eleccións arrow Para que nos devolvan o roubado
ADIANTE 5 anos
Menú principal
Inicio
Quen somos
Nacional
Internacional
Opinión
Ligazóns
Contacta!
Publicacións
Descargas
Galerías
Procurar
Lista de Correo

Recibe as novidades da Páxina de ADIANTE no teu enderezo de correo electrónico






Ligazóns
estoutras notas políticas
Komunikando.net
que volten a casa
http://www.blogoteca.com/upload/bit/cont/591-c-Malmequer%202.jpg
Blog Galego de Solidariedade
Galiza por Palestina
 Logo 120x90 animado
 Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Firefox en galego
 
Navegadores
 
 
Para que nos devolvan o roubado PDF Imprimir Correo-e

 Comunicado de ADIANTE ante o 7 de de xuño

Ante a convocatoria electoral europea do 7 de xuño, o Comité Nacional de ADIANTE, organización da mocidade comunista e independentista de Galiza, reunido de xeito ordinario en Compostela o 17 de Maio de 2009, manifesta publicamente o seu apoio activo á candidatura Iniciativa Internacionalista – A Solidariedade entre os Pobos (II-SP). É esta unha frente popular antifascista do século XXI na que participan diversas entidades das esquerdas independentistas baixo xugo español, e tamén, da esquerda real de ámbito estatal respectuosa co dereito de autodeterminación dos pobos e nacións sen soberanía.

Sobran as razóns para apoiarmos II-SP. ADIANTE é unha entidade xuvenil fundamentalmente internacionalista e levamos 5 anos amosándoo co noso traballo diario. Para alén, van integrad@s na lista de II-SP sete compañeiras e compañeiros galeg@s cunha traxectoria intachábel nas frentes política, sindical e cultural. E por último, II-SP está a sufrir uns ataques represivos a todos os niveis que dan boa fé da calidade anticapitalista e antiimperialista dos seus principios e obxectivos.

Por iso, apoiamos esta candidatura, amosamos o noso desprezo a todos os axentes (políticos, xudiciais, mediáticos, represivos,…) que levan semanas a criminalizar II-SP e, para alén, facemos un chamado a tod@s @s promotoras/es, apoiantes e simpatizantes da candidatura unitaria a alongar no tempo (máis alá das eleccións do 7-X) e no espazo (máis alá dos pobos baixo o xugo do EIE) a traxectoria da mesma. Unha cousa queda clara. Chega un intre no que o Estado Imperialista Español (EIE) se atopa nunha encrucillada tal, que descobre as súas cartas: ou ser un estado aparentemente democrático, ou manter a artificiosa “unidade” de “España”. Para acadar ambos obxectivos a historia revolouno impotente, fracasado e incapaz. A súa escolla final xa a coñecemos de longo.

Para que se agranden estas contradicións que desenmascaran ao EIE. Para crear o xerme dunha solidariedade da clase traballadora e dos povos oprimidos a nivel europeo e internacional. Para que remate a expoliación, as agresións ás mulleres, xoves e minorías. Para frear a destrución do noso ecosistema. Para denunciarmos o carácter represivo e antidemocrático do rexime español e da UE. Para mellorar as condicións de vida do proletariado e da mocidade obreira. Para que nos devolvan o roubado… O 7 de Xuño, votemos mazizamente Iniciativa Internacionalista – A Solidariedade entre os Pobos (II-SP).

Viva Galiza independente e socialista!

Adiante II-SP!

Comité Nacional de ADIANTE

 

Actos de Iniciativa Internacionalista – Galiza
 
-Martes, terza feira, 2 de xuño:
Ás 20:30 h. no Ateneo de Ourense (rúa Curros Enríquez)
 
- Mércores, cuarta feira, 3 de xuño:
Ás 19:00 h. no IES Eusebio da Guarda (praza de Pontevedra) da Coruña.
Ás 20:30 h. no Local Social Revira de Pontevedra (Arcebispo Malvar, 33).
 
- Xoves, quinta feira, 4 de xuño:
Ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Cangas do Morrazo.
Ás 20:00 h. no Hotel Xelmírez en Compostela (rúa do Hórreo, 92).
 
- Venres, sexta feira, 5 de xuño: Ás 19:00 h.
ACTO FIN DE CAMPAÑA en Vigo na Praza da Constitución
 
© 2010 ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)
Feito con Joomla!, Software Libre distribuido baixo licenza GNU/GPL.