Inicio arrow Nacional arrow Represión arrow ABONDA DE REPRESIÓN! IMOS VIVIR EN GALEGO!
1º Festival da Cultura Proletaria
Menú principal
Inicio
Quen somos
Nacional
Internacional
Opinión
Ligazóns
Contacta!
Publicacións
Descargas
Galerías
Procurar
Lista de Correo

Recibe as novidades da Páxina de ADIANTE no teu enderezo de correo electrónico






ADIANTE nas redes sociais
Entidades amigas
Plataformas sociais
Queremos Galego
Ligazóns
estoutras notas políticas
Komunikando.net
http://www.blogoteca.com/upload/bit/cont/591-c-Malmequer%202.jpg
Blog Galego de Solidariedade
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
 
ABONDA DE REPRESIÓN! IMOS VIVIR EN GALEGO! PDF Imprimir Correo-e
 
cargaOnte a represión españolista volveu amosar a súa face diante de douscentos mozos e mozas viguesas concentrad@s a carón do teatro García Barbón para responder á provocadora presentación de sinaturas do colectivo españolista “Galicia Bilingüe”. Onte os cadelos uniformados do Estado Imperialista Español seguiron ao pé da “raia” as ordes do PSOE e reprimiron violentamente e en varias ocasións a mocidade do noso país.
 
Dende o primeiro momento os cacheos e identificacións foron sistemáticas, do mesmo xeito que os empurróns por parte da policía, a prepotencia e a intimidación. Nin máis nin menos que seis escuadróns policiais tomaron os arredores do teatro, pecharon rúas e canellóns e arrodearon aos manifestantes.
 
E mentres isto pasaba fóra, dentro do auditorio varias persoas foron desaloxadas pola forza por ergueren cartaces e por defenderen o dereito do noso pobo a vivir en galego e sen complexos. Un auditorio, por certo, ao que non se lle deu en ningún momento a palabra nin o dereito a réplica, e onde os alí congregados remataron cun “Tenemos que hacer de esto una cruzada”. Mellor aforramos comentarios ao respecto.
 
Dende ADIANTE queremos transmitir o noso máis firme apoio a todos os feridos na concentración en Vigo na defensa da nosa lingua, e en especial a XMPL, o mozo agredido brutalmente nesa mesma concentración, detido e agredido de novo, segundo as súas propias declaracións, dentro do furgón policial en que o transladaron á comisaría central da rúa López Mora. Alí estivo incomunicado toda a noite ata hoxe pola mañá, e mesmo a policía se negou a darlle ningún tipo de información aos pais, que acudiron onte á noite á comisaría de policía: “no le puedo decir nada, ni siquiera sé si lo tenemos detenido dentro o no”, foron as palabras do policía da porta.
 
O mozo tivo unha vista no Xulgado de Vigo hoxe á mañá e saíu en liberdade con cargos acusado de “atentado contra la autoridad”. Terase que enfrontar a unha pena de entre 2 e 4 anos de cadea. O rapaz presenta fortes contusións nas costas, brazos e pernas.
 
Queremos, para rematar, felicitar ao Foro da Mocidade de Vigo pola boa acollida que tivo a convocatoria. Non nos van calar. Adiante e ánimo á mocidade viguesa.
 
Non ao bifidismo harmónico!
Imos vivir en galego!
 
© 2010 ADIANTE (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza)
Feito con Joomla!, Software Libre distribuido baixo licenza GNU/GPL.