1º Festival da Cultura Proletaria
Menú principal
Inicio
Quen somos
Nacional
Internacional
Opinión
Ligazóns
Contacta!
Publicacións
Descargas
Galerías
Procurar
Lista de Correo

Recibe as novidades da Páxina de ADIANTE no teu enderezo de correo electrónico






ADIANTE nas redes sociais
Entidades amigas
Plataformas sociais
Queremos Galego
Ligazóns
estoutras notas políticas
Komunikando.net
http://www.blogoteca.com/upload/bit/cont/591-c-Malmequer%202.jpg
Blog Galego de Solidariedade
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
 
Insubmisión ao fundamentalismo católico PDF Imprimir Correo-e

Sabías que...?

 

...o feito de estar bautizad@s fai que a igrexa católica dispoña dos teus datos persoais ao seu antollo vulnerando a Lei de protección de datos persoais?

...que o bautismo é un acto completamente fundamentalista, ritual, involuntario e insconsciente ao que nos somenten á forza sendo recén nacid@s?

...a apostasía (borrarse da igrexa ou “desbautizarse”) é un dereito recoñecido por multitude de lexislacións oficiais estatais e internacionais?

...ao aparentar ser a “confesión maioritaria” a igrexa católica recibe beneficios sociais e fiscais por parte do Estado como o de non pagar o I.V.E. ou outros impostos?

...a igrexa católica recibe unha cantidade fixa de cartos públicos por cada persoa bautizada, aínda que esta persoa non participe nos seus “actos”?

...con eses cartos a igrexa católica ataca e difama ás mulleres, ás persoas homosexuais, as minorías étnicas, etc...?

...a igrexa aínda non pedíu desculpas polos seus crimes contra a clase traballadora nin polo seu apoio ás clases dominantes e ás súas ditaduras e xenocidios?

...que a igrexa católica ten sido e segue a ser un axente colonizador no proceso de liquidación da nosa indentidade cultural galega e da nosa conciencia nacional?

Desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) queremos animar á mocidade traballadora galega, asalariada e/ou estudante, a dar o paso consciente de cortar os lazos con esta institución reaccionaria engordada coa suor da nosa clase e coas mans luxadas co sangue do noso Pobo.

O dereito a apostatar é algo que se pode facer dun xeito completamente legal, aínda que os responsábeis da seita católica e os seus aliados nos Gobernos resístense a concedelo e o silencian, polo que é preciso que nos xuntemos para informar a outras persoas e apostatar dunha forma unitaria e continuada.

Cómpre deixarlles claro que somos insubmis@s aos seus dogmas, que non queremos ser responsábeis indirectos da súa financiación e que non queremos colaborar nas súas actividades fascistas, españolistas, homófobas, machistas e racistas. Que nos escoiten... NON QUEREMOS PARTICIPAR!

 

Le aquí os pasos a seguir

Descarga aquí o formulario 

 
© 2010 ADIANTE (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza)
Feito con Joomla!, Software Libre distribuido baixo licenza GNU/GPL.